Exposicións


Exposición ONDE ESTÁ PALESTINA?, refuxiados palestinos en Xordania, no Auditorio Municipal de Ourense, durante a MITEU do ano 2015








“Á miña nai aínda lle preocupa, despois de tantos anos, ter deixado a luz da sala prendida cando marcharon. Pensaban que só serían tres días, entendes? E agora aínda lle preocupa.”

 

“Miro ó outro lado da estrada e imaxino alí a miña casa; e sinto que teño 11 anos, como se o tempo se me tivese detido entón, cando comezaron a atacarnos. Loitamos máis de 10 anos antes de vir aquí; levantei a casa coas miñas mans para a miña familia.

Aínda agora me chegan ofertas de compra das nosas terras, pero eu non vendo; non sexa que veñan [de parte] de colonos xudeus. E nós é posible que non volvamos nunca, pero ó mellor os fillos si.”


“Estiveches en Nablus? Eu son de alí… Fun combater tendo xa máis de 60 anos. E fixen todo o camiño a pé, non está mal para un home tan vello... Agora non podo volver, claro, meteríanme no cárcere se volvese.”

 

“Os israelís mataron a meu pai sendo eu novo, e eu deixei de estudar. Comecei a traballar reparando aparellos electrónicos, e como tiña de man cámaras comecei a fotografar tódolos abusos que vía. Pero os meus propios veciños comezaron a desconfiar de min, pensaron que podía ser do Mossad; entón marchei a Xerusalem, onde traballei 3 anos até que me detiveron polos papeis falsos e pasei 1 ano no cárcere. Ó saír non sabía que facer, e finalmente decidín vir aquí.”


Exposición OCULTACIÓNS E INEXISTENCIAS (colectiva), Barcelona no 2011, 2012,
Museo Municipal de Ourense, no ano 2013




Exposición colectiva PRESENZAS na Casa da Xuventude,
en Ourense, no ano 2005














Exposición durante a MITEU
no Teatro Principal de Ourense, no ano 2003





































Estas fotografías teñen dereitos de autor.
Queda prohibida a copia e o uso destas fotografías.